Levamos dúas semanas preparando unha canción para facer o vindeiro xoves, día 30 de xaneiro, e así conmemorar o Día da Paz.
No ano 1985, un importante número de artistas latinos xuntáronse para cantar e dedicar os beneficios do seu disco a favor dunha entidade sen ánimo de lucro, a organización "Hermanos", fundada para axudar aos rapaces de Latinoamérica, o Caribe e África.
O tema foi composto por Juan Carlos Calderón, Albert Hammond e Anahí. Participaron neste proxecto grandes figuras da canción de fala hispana como: Plácido Domingo, Julio Iglesias, José Feliciano, Celia Cruz, Sergio Mendes, Lucho Gatica, Ricky Martin, Roberto Carlos, José Luis Rodríguez "El Puma", Palito Ortega, Rocío Jurado, Miguel Gallardo...
Foi a resposta hispana al tema estadounidense "We are the World".
Aquí tedes o vídeo para que a poidades repasar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario