Continuamos coa aprendizaxe de cancións tradicionais da nosa terra.
Nesta ocasión, os alumnos de 1º van traballar "A RIANXEIRA", unha das nosas cantigas máis populares. Foi composta no ano 1947 e estreouse un ano despois na cidade de Bos Aires.
Esta mítica peza grabouse na capital arxentina co título "ONDIÑAS DA NOSA RÍA". Xesús Frieiro Dourado,"Pinciñas", foi o autor da letra.
A música compúxoa o emigrante rianxeiro Anxo Romero Loxo, quen por entón dirixía a Rondalla Castelao de dita cidade.
Placa adicada aos autores, situada nunha rua da vila de Rianxo.
Interesante programa de radio do famoso xornalista Iñaki Gabilondo adicado a esta canción popular, no que poderedes escoitar a versión orixinal da Rianxeira, así coma moitos detalles inéditos sobre a mesma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario