Como xa sabedes, onte día 24 de febreiro celebrouse o 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poetisa máis universal. Moitos artistas escolleron os seus fermosos poemas e lles puxeron música. Nesta montaxe tedes unha pequena mostra.
miércoles, 25 de febrero de 2015
OS NOSOS GUSTOS MUSICAIS
Estamos embarcados nun novo reto, os alumnos de 5º e 6º están aprendendo a facer collages cos seus artistas favoritos. Trátase de seleccionar imaxes dos cantantes e crear un enlace a canción que queren escoitar. Publicareinos a medida que os vaian rematando. Aquí tedes os dous primeiros. Bo traballo, chicos!!!!!

Martín Mariñas Serantes. 5ºB
Xoán Recuna Aranda 5ºC Antía Peña Villalba 5ºC
Martín Muñoz Insua 6ºC Santiago Herrón Mullet 6º C
Martín Mariñas Serantes. 5ºB
domingo, 22 de febrero de 2015
CONCURSO 3. QUEN SERÁ?????
Esta é unha das partituras que máis vos gusta tocar coa frauta; aproveito este interese que tedes para plantexarvos unha cuestión sobre a infinidade de historias e lendas que circulan do afundimento deste barco. Xa sabedes que as respostas as podedes enviar a través dos comentarios desta entrada, e o que teña algunha dificultade, pode escribila e entregala. O concurso rematará coa primeira resposta correcta enviada ou entregada en man. Sorte a todos.
CONCURSO REMATADO. !!!!!!!!!!!!!!!
jueves, 19 de febrero de 2015
ACTUACIÓNS ENTROIDO 2015
O pasado venres, día 13 de febreiro, celebramos a festa do Entroido. Como remate do desfile fixemos dúas coreografías, a primeira a que xa realizamos no Nadal, para que esta vez sí a puideran ver as familias, e a segunda a que tiñamos preparada para o Día da Paz.Espero que vos gusten.
martes, 17 de febrero de 2015
A CASA DE BEETHOVEN
Todo o que queirades saber sobre este famoso compositor o atoparedes nesta fantástica páxina web; premede na imaxen e entraredes na casa de Beethoven, e picando nos diversos obxectos que hai obteredes distintas informacións, dende o que solía facer na súa vida diaria ata o nome dos seus pais, cantos irmáns tiña, que comía, as súas obras...
martes, 10 de febrero de 2015
MEMORIA MUSICAL
Neste xogo de memoria tedes que atopar parellas de notas. Cando rematedes soará unha melodía. Sorte!!!!
domingo, 1 de febrero de 2015
PEDRO E O LOBO. SERGEI PROKOFIEV.
Pedro e o Lobo é un conto musical para orquestra , cun narrador que vai explicando a historia.
Sergei Prokofiev, a partir dun conto tradicional ruso, compuxo a música, en menos de quince días, no ano 1936. A finalidade da mesma foi ensinar aos rapaces o timbre dos instrumentos da orquestra; deste xeito cada personaxe está representado por un instrumento e unha melodía:
* Pedro, cuarteto de corda frotada, (violín, viola, violonchelo e contrabaixo)
* Avó, fagot.
* Paxaro, frauta traveseira
* Pato, oboe.
* Gato, clarinete.
* Lobo, tres trompas
* Cazadores, timbais e bombo
Narrador: Rafael Taibo. Director: Sergiu Comissiona. Orquesta Sinfónica de RTVE.
Teatro Monumental, Madrid, 1997.
Presentación elaborada por Alfredo Vázquez Del Mercado
Suscribirse a:
Entradas (Atom)