Pedro e o Lobo é un conto musical para orquestra , cun narrador que vai explicando a historia.
Sergei Prokofiev, a partir dun conto tradicional ruso, compuxo a música, en menos de quince días, no ano 1936. A finalidade da mesma foi ensinar aos rapaces o timbre dos instrumentos da orquestra; deste xeito cada personaxe está representado por un instrumento e unha melodía:
* Pedro, cuarteto de corda frotada, (violín, viola, violonchelo e contrabaixo)
* Avó, fagot.
* Paxaro, frauta traveseira
* Pato, oboe.
* Gato, clarinete.
* Lobo, tres trompas
* Cazadores, timbais e bombo
Narrador: Rafael Taibo. Director: Sergiu Comissiona. Orquesta Sinfónica de RTVE.
Teatro Monumental, Madrid, 1997.
Presentación elaborada por Alfredo Vázquez Del Mercado
No hay comentarios:
Publicar un comentario