Foi moi emotivo ver como a través da música compartíchedes momentos tan bonitos. Os membros do xurado tivémolo moi difícil para seleccionar as actuacións gañadoras porque en todas houbo moito traballo e moito corazón!!!!
Interpretacións impecables, afinación, orixinalidade, montaxes de videos espectaculares, linguaxe de signos,coreografías, bo humor e alegría, ternura,vestuarios, postas en escea.... en fin , moitísimas gracias polo voso esforzo e participación.
NON HAI NADA MELLOR QUE A MÚSICA PARA UNIR ÁS PERSOAS!!!!
E AQUÍ ESTÁN OS PREMIADOS!!!!!!
A Entrega de Premios farémola o venres 21 de decembro.
Grazas a todo o equipo de actividades extraescolares do centro pola gran axuda prestada e todas as horas de traballo invertidas neste proxecto!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario