Xa estamos aquí de novo, co 2º concurso de Panxoliñas en Familia. Espero que este curso participedes un montón de alumnos e alumnas, papás, mamás, avós, tíos ... Por favor, lede as bases do Concurso, xa que aqueles vídeos que non cumplan os requisitos, aínda que serán publicados igual, non optarán a premio.
Animádevos!!!!
Moitas grazas á profe Lucía Vérez, que diseñou o cartel do concurso deste ano!!!!!
BASES DO CONCURSO
1º PODERÁN PARTICIPAR TODOS OS ALUMNOS DO CENTRO XUNTO COS SEUS FAMILIARES. O NÚMERO DE COMPOÑENTES DE CADA GRUPO É ILIMITADO.
2º CONDICIÓN IMPRESCINDIBLE: NOS VÍDEOS NON PODERÁN APARECER OS ALUMNOS SÓS, TERÁN QUE PARTICIPAR ADULTOS DA FAMILIA, PAPÁS, MAMÁS, AVÓS , TÍOS, PRIMOS, IRMÁNS...TRÁTASE DE COMPARTIR ESTA ACTIVIDADE COA FAMILIA.
3º TEREDES QUE BUSCAR UNHA PANXOLIÑA, APRENDELA E INTERPRETALA TODOS XUNTOS. PODEN SER TRADICIONAIS OU MODERNAS.
4º NALGÚN FRAGMENTO DA MESMA, TEN QUE HABER INTERPRETACIÓN VOCAL.
5º A INTERPRETACIÓN PODE IR ACOMPAÑADA DE INSTRUMENTOS MUSICAIS, KARAOKES INSTRUMENTAIS, OU A CAPELLA ( SEN NINGÚN INSTRUMENTO).
6º A POSTA EN ESCEA É LIBRE.
7º AS ACTUACIÓNS GRAVARANSE EN VÍDEO, E OS ALUMNOS TRAERANNAS AO COLE NUN PENDRIVE , QUE LLES SERÁ DEVOLTO.
8º O PRAZO PARA ENTREGAR OS VÍDEOS SERÁ DENDE O VENRES 15 DE NOVEMBRO ATA O MARTES, 10 DE DECEMBRO. NON SE RECOLLERÁN VÍDEOS DESPOIS DESE DÍA.
9º O XURADO ESTARÁ FORMADO POLOS PROFESORES DO EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES, QUE SERÁN OS ENCARGADOS DE PROCLAMAR AOS GAÑADORES.
10º A FAMILIA QUE GAÑE O CONCURSO, RECIBIRÁ COMO PREMIO UNHA PEQUENA CESTA DE NADAL. TAMÉN HABERÁ UN PEQUENO AGASALLO PARA O 2º E O 3º CLASIFICADO.
11º CO PERMISO DOS PARTICIPANTES, PUBLICARANSE OS VÍDEOS NESTE BLOG DE
MÚSICA. AQUELAS FAMILIAS QUE NON QUIXESEN, TERÁN QUE COMUNICALO AO CENTRO.
12º O VENRES, 13 DE DECEMBRO, DARASE A COÑECER A RESOLUCIÓN DO CONCURSO.
13º OS PREMIOS SERÁN ENTREGADOS O VENRES 20 DE DECEMBRO.
MOITA SORTE A TODOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario