miércoles, 13 de mayo de 2015

PABLO CARPINTERO. OS INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS.

O xoves, dia 7 de maio, tivemos a sorte de asistir no noso cole , a un concerto didáctico impartido polo fantástico  músico lucense  Pablo Carpintero, que versou sobre os instrumentos musicais na tradición galega. Moitas grazas aos profes do Equipo De Normalización Lingüïstica do noso centro por xestionalo e facelo posible.
Si premedes na primeira imaxen poderedes acceder á  súa biografía , e se picades na segunda, enlazaravos coa páxina de instrumentos musicais elaborada polo propio músico, na que poderedes escoitar os instrumentos que vimos onte e moitos máis, ambas cousas publicadas na páxina do Consello Da Cultura Galega
PABLO CARPINTERO
 OS INSTRUMENTOS MUSICAIS NA TRADICIÓN GALEGA
OS INSTRUMENTOS MUSICAIS NA TRADICIÓN GALEGA


WIX  de Pablo Carpintero con vídeos  das actuacións


martes, 5 de mayo de 2015

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN CON MATERIAIS DE RECICLAXE

O pasado xoves , 30 de abril, o alumnado de 6º asistiu a un obradoiro de percusión no IES Afonso X O Sabio, Esta actividade está incluida nun Proxecto Educativo elaborado e coordinado  polos profes de música do Instituto, Santiago Cañás e Beatriz Alonso, no que estamos participando, O obradoiro foi impartido polo grupo "Tía de Alquiler" co que traballamos a percusión corporal ademáis de facer ritmos con elementos elaborados con materiais para reciclar. Foi moi interesante..

     

         

         






martes, 28 de abril de 2015

lunes, 27 de abril de 2015

CANTAMOS. A MIÑA TÍA. MAMÁ CABRA.


Para repasar a divertida canción do grupo MAMÁ CABRA titulada, " A miña tía"  premede no vídeo!!!!!

CANTAMOS. SI MA MA KA.







Moitas grazas, Ana, por ensinarnos esta fermosa canción africana.Para lembrala déixovos este wix elaborado por María Jesús Camino.

viernes, 24 de abril de 2015

CANTAMOS. SUEÑOS. DIEGO TORRES


OLA A TODOS!!!!!
 Retomamos a actividade no noso blog tras esta pausa forzosa; estou moi moi feliz de poder estar de novo con todos vós. Para celebralo  espero que vos guste esta fermosa e movida canción de Diego Torres que se titula "Sueños".



O segundo vídeo é a versión karaoke .

lunes, 16 de marzo de 2015

CONCURSO 4. CARREIRA MUSICAL!!!!!!!

ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!!!!! Hai un novo concurso en marcha!!!!!
Debedes investigar, escoitar con atención e responder a todas as cuestións que se plantexan ....
Enviade as vosas respostas aos comentarios desta entrada.

1.- De quen se trata? ( Nome, apelido e data de nacemento)

2.- A que compositor se lle coñecía co alcume " el cura rojo " e por que lle chamaban así?
3.- Escoita e dime, verdade que estás cansado de escoitar esta melodía nunha boda tras outra?
      Pois agora terás que contarme cal é o seu título e quen a compuxo.



4.- SOPA DE LETRAS. 
Atopa o nome de sete compositores nesta sopa de letras.

5.- Pensa  a ver se adiviñas a resposta deste xeroglífico

domingo, 15 de marzo de 2015

O CARNAVAL DOS ANIMAIS. CAMILLE SAINT-SAENS




wix elaborado por María Paz Martínez do blog "Música para todos"


Escoitade que bonito soa o fragmento "Acuario" tocado  con copas de cristal!! 


                                                            Obra completa en vídeo!!!!! 




jueves, 12 de marzo de 2015

APRENDE XOGANDO 4.CONCEPTOS MUSICAIS.O SON E AS SUAS CUALIDADES .

Ola rapaces e rapazas, a ver quen de vos é capaz de lanzar a este pobre profe polos aires.
 Xa sabedes que tedes que contestar ben a todas as cuestións plantexadas. 
Abaixo da imaxe hai tres comodíns, Einstein que non sempre di a verdade, unha enquisa onde poderás ver cal é a resposta máis escollida, e o último que te permitirá ter dous erros.
Sorte!!!!!!


lunes, 9 de marzo de 2015

TRABALLANDO NA AULA. WHEN I'M GONE. WHATEVER. CERO.


Nestes videos poderedes ver algunha das actividades que facemos  a diario na aula de música, ensaiamos coa frauta, cantamos e facemos ritmos... Esperamos que vos gusten.









domingo, 8 de marzo de 2015

A FRAUTA DOCE.


CANTAMOS. LA CARRERA MUSICAL.




A través deste vídeo poderedes comprender mellor o valor das figuras musicais. 
Lembrade que a redonda vale 4 pulsos ou tempos, a branca 2, a negra 1 tempo, a corchea medio tempo e a semicorchea un cuarto de tempo.
Quen gañará esta carreira??????

miércoles, 25 de febrero de 2015

POEMAS MUSICADOS DE ROSALÍA DE CASTRO

Como xa sabedes, onte día 24 de febreiro celebrouse o 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poetisa máis universal. Moitos artistas escolleron os seus fermosos poemas  e lles puxeron música. Nesta montaxe tedes unha pequena mostra.

OS NOSOS GUSTOS MUSICAIS

Estamos embarcados nun novo reto, os alumnos de 5º e 6º están aprendendo a facer  collages cos seus artistas favoritos. Trátase de seleccionar imaxes dos cantantes e crear un enlace a canción que queren escoitar. Publicareinos a medida que os vaian rematando. Aquí tedes os dous primeiros. Bo traballo, chicos!!!!!

                     
Xoán Recuna Aranda  5ºC                                                         Antía Peña Villalba 5ºC  

                  


Martín Muñoz Insua 6ºC                                              Santiago Herrón Mullet 6º C



             Martín Mariñas Serantes. 5ºB

domingo, 22 de febrero de 2015

CONCURSO 3. QUEN SERÁ?????



Esta é unha das partituras que máis vos gusta tocar coa frauta; aproveito este interese que tedes para plantexarvos unha cuestión sobre a infinidade de historias e lendas que circulan do afundimento  deste barco. Xa sabedes que as respostas as podedes enviar a través dos comentarios desta entrada, e o que teña algunha dificultade, pode escribila e entregala. O concurso rematará coa primeira resposta correcta enviada ou entregada en man. Sorte a todos.


CONCURSO REMATADO. !!!!!!!!!!!!!!!

CANTAMOS. DUENDE.

E para rematar o Entroido, imos aprender esta fermosa canción !!!









jueves, 19 de febrero de 2015

ACTUACIÓNS ENTROIDO 2015

O pasado venres, día 13 de febreiro, celebramos a festa do Entroido. Como remate  do desfile fixemos dúas coreografías, a primeira a que xa realizamos no Nadal, para que esta vez sí a puideran ver as familias, e a segunda a que tiñamos preparada para o Día da Paz.Espero que vos gusten.




martes, 17 de febrero de 2015

A CASA DE BEETHOVEN



 Todo o que queirades saber sobre este famoso compositor o atoparedes nesta fantástica páxina web;  premede na imaxen e entraredes na casa de Beethoven, e picando nos diversos obxectos que hai obteredes distintas informacións, dende o que solía facer na súa vida diaria ata o nome dos seus pais, cantos irmáns tiña, que comía, as súas obras... 


martes, 10 de febrero de 2015

MEMORIA MUSICAL

Neste xogo de memoria tedes que atopar parellas de notas. Cando rematedes soará unha melodía. Sorte!!!!



domingo, 1 de febrero de 2015

PEDRO E O LOBO. SERGEI PROKOFIEV.

Pedro e o Lobo é un conto musical para orquestra , cun narrador que vai explicando a historia. 
Sergei Prokofiev, a partir dun conto tradicional ruso, compuxo a música, en menos de quince días, no ano 1936. A finalidade da mesma foi ensinar aos rapaces o timbre dos instrumentos da orquestra; deste xeito cada personaxe está representado por un instrumento e unha melodía:

* Pedro, cuarteto de corda frotada, (violín, viola, violonchelo e contrabaixo)
* Avó, fagot.
* Paxaro, frauta traveseira
* Pato, oboe.
* Gato, clarinete.
* Lobo, tres trompas
* Cazadores, timbais e bombo





  
                                                                                                                                                                                       
       
Narrador: Rafael Taibo. Director: Sergiu Comissiona. Orquesta Sinfónica de RTVE.
Teatro Monumental, Madrid, 1997.



Presentación elaborada por Alfredo Vázquez Del Mercado