Para os meus rapaciños e rapaciñas de 1º e 2º, deixo aquí os vídeos do concerto didáctico " El MUNDO SUENA"que traballamos na aula ; lembrade que tedes que poñer o cinturón de seguridade antes de despegar , pois imos facer unha volta ao mundo a través da música!!!!
ESPAÑA: PASODOBLE ÁFRICA: THE LION SLEEPS TONIGHT
BRASIL: GAROTA DE IPANEMA MÉXICO: JARABE TAPATIO
EEUU: ORANGE BLOOSOM SPECIAL AUSTRALIA: WALTZING MATILDA
CHINA: TAMBOURIN CHINOIS ITALIA:TARANTELA NAPOLITANA
GALICIA: MUIÑEIRA DE CHANTADA
jueves, 19 de marzo de 2020
martes, 17 de marzo de 2020
EL VIAJE DE WALT
Ola a todos, aquí vos deixo as obras musicais que empezamos a traballar na aula e, que pola situación actual, nos quedaron a medias. Todas pertencen ao Concerto didáctico que nos ía ofrecer a Orquestra Sinfónica de Galicia,"El viaje de Walt".
Espero que o disfrutedes!!!!
Espero que o disfrutedes!!!!
viernes, 28 de febrero de 2020
domingo, 16 de febrero de 2020
FAMILIAS DE INSTRUMENTOS
Actividade para os alumnos de 5º e 6º. Se premedes na imaxen, poderedes repasar as familias de instrumentos, facendo un montón de actividades diversas, dende puzzles , sopas de letras...
O XOGO DOS INSTRUMENTOS
Con esta canción repasaremos os nomes de varios instrumentos de percusión, e faremos ritmos con eles. Para os meus alumnos de 1º e 2º curso.
domingo, 2 de febrero de 2020
ACTUACIÓNS DÍA DA PAZ 2020
O pasado xoves, día 30 de xaneiro, celebramos no cole o Día da Paz. Ademáis da carreira solidaria "Save the Children" organizada polos profes de Ed. Física, xuntámonos para celebrar un acto conxunto, con varias actuacións. Moitas grazas a todos por colaborar.
lunes, 27 de enero de 2020
martes, 7 de enero de 2020
TU SONRISA
Con esta fermosa canción iniciaremos os ensaios do Coro este segundo trimestre, coa
intención de tela preparada para o Día da Paz, o 30 de xaneiro. Temos traballo!!!!
ACTUACIÓNS NADAL 2019. ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO PANXOLIÑAS.
O venres, 20 de decembro tivo lugar a entrega de diplomas e premios do Concurso de Panxoliñas; despois actuou o Coro do cole e para rematar, cantamos todos xuntos.
ENTREGA DE PREMIOS
ENTREGA DE PREMIOS
viernes, 13 de diciembre de 2019
RESOLUCIÓN CONCURSO DE PANXOLIÑAS 2019!!!!
MOITAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR, E NORABOA AOS PREMIADOS!
jueves, 12 de diciembre de 2019
PORQUE XESÚS VEN A VERTE. CORO WENCESLAO.
Este é o último ensaio do coro do colexio, que gravamos hoxe na hora do recreo;espero que vos guste. Aínda temos que facer o video definitivo, pero a partir deste tentaremos correxir os erros.
Adaptación ao galego da panxoliña "porque Jesús viene a verte" do Colexio El ENCINAR de Córdoba. Música de Morat.
Adaptación ao galego da panxoliña "porque Jesús viene a verte" do Colexio El ENCINAR de Córdoba. Música de Morat.
miércoles, 11 de diciembre de 2019
CONCURSO DE PANXOLIÑAS 2019!!!!
Estos son os vídeos participantes. Noraboa a todos polo voso esforzo e tempo empregados neles, e por colaborar con nós para que este concurso fora posible!!!!
lunes, 2 de diciembre de 2019
lunes, 25 de noviembre de 2019
miércoles, 13 de noviembre de 2019
MUSICOGRAMA: EL VALS DE LAS FLORES. TCHAIKOVSKY
El Vals de las Flores, pertence á obra musical "El Cascanueces", é foi creada polo compositor ruso
TCHAIKOVSKY.
CONCURSO DE PANXOLIÑAS!!!! NADAL 2019
Xa estamos aquí de novo, co 2º concurso de Panxoliñas en Familia. Espero que este curso participedes un montón de alumnos e alumnas, papás, mamás, avós, tíos ... Por favor, lede as bases do Concurso, xa que aqueles vídeos que non cumplan os requisitos, aínda que serán publicados igual, non optarán a premio.
Animádevos!!!!
Moitas grazas á profe Lucía Vérez, que diseñou o cartel do concurso deste ano!!!!!
BASES DO CONCURSO
1º PODERÁN PARTICIPAR TODOS OS ALUMNOS DO CENTRO XUNTO COS SEUS FAMILIARES. O NÚMERO DE COMPOÑENTES DE CADA GRUPO É ILIMITADO.
2º CONDICIÓN IMPRESCINDIBLE: NOS VÍDEOS NON PODERÁN APARECER OS ALUMNOS SÓS, TERÁN QUE PARTICIPAR ADULTOS DA FAMILIA, PAPÁS, MAMÁS, AVÓS , TÍOS, PRIMOS, IRMÁNS...TRÁTASE DE COMPARTIR ESTA ACTIVIDADE COA FAMILIA.
3º TEREDES QUE BUSCAR UNHA PANXOLIÑA, APRENDELA E INTERPRETALA TODOS XUNTOS. PODEN SER TRADICIONAIS OU MODERNAS.
4º NALGÚN FRAGMENTO DA MESMA, TEN QUE HABER INTERPRETACIÓN VOCAL.
5º A INTERPRETACIÓN PODE IR ACOMPAÑADA DE INSTRUMENTOS MUSICAIS, KARAOKES INSTRUMENTAIS, OU A CAPELLA ( SEN NINGÚN INSTRUMENTO).
6º A POSTA EN ESCEA É LIBRE.
7º AS ACTUACIÓNS GRAVARANSE EN VÍDEO, E OS ALUMNOS TRAERANNAS AO COLE NUN PENDRIVE , QUE LLES SERÁ DEVOLTO.
8º O PRAZO PARA ENTREGAR OS VÍDEOS SERÁ DENDE O VENRES 15 DE NOVEMBRO ATA O MARTES, 10 DE DECEMBRO. NON SE RECOLLERÁN VÍDEOS DESPOIS DESE DÍA.
9º O XURADO ESTARÁ FORMADO POLOS PROFESORES DO EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES, QUE SERÁN OS ENCARGADOS DE PROCLAMAR AOS GAÑADORES.
10º A FAMILIA QUE GAÑE O CONCURSO, RECIBIRÁ COMO PREMIO UNHA PEQUENA CESTA DE NADAL. TAMÉN HABERÁ UN PEQUENO AGASALLO PARA O 2º E O 3º CLASIFICADO.
11º CO PERMISO DOS PARTICIPANTES, PUBLICARANSE OS VÍDEOS NESTE BLOG DE
MÚSICA. AQUELAS FAMILIAS QUE NON QUIXESEN, TERÁN QUE COMUNICALO AO CENTRO.
12º O VENRES, 13 DE DECEMBRO, DARASE A COÑECER A RESOLUCIÓN DO CONCURSO.
13º OS PREMIOS SERÁN ENTREGADOS O VENRES 20 DE DECEMBRO.
MOITA SORTE A TODOS!!!
viernes, 8 de noviembre de 2019
SIRTAKI
Dado que este curso, o tema central da nosa Biblioteca son os Xogos Olímpicos, que se celebrarán o vindeiro verán en Tokio, e como a cuna destes xogos é Grecia, imos practicar na aula unha danza típica deste pais, o SIRTAKI. Esta danza foi creada no ano 1964 para a película" Zorba , el griego", protagonizada por Anthony Quinn.
miércoles, 2 de octubre de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

