sábado, 21 de marzo de 2020

QUE VIVA A MÚSICA!!!! CANCIÓNS PARA A ESPERANZA!!!!

Bos días, rapaces e rapazas do Wenceslao!!!!! Como vos boto de menos!!!! 

Nestes días un pouco difíciles que nos toca vivir, quero propoñervos, para levantar eses ánimos , unha selección de cancións : terapia musical!!!
Esto vai a pasar,  hai un futuro, e  desta crise imos sair todos máis fortes e solidarios.
A VER SI CONSIGO FACER QUE PASEDES UN RATO AGRADABLE

QUERO PLANTEXARVOS DOUS RETOS:


    PRIMEIRO RETO:

Que vos parece se todos e todas nos aprendemos a canción  "VIVIR " de ESTOPA E ROZALÉN, para cantala todos xuntos cando nos volvamos a ver?

Cando a saibades, gravade un vídeo ( co móvil mesmo), e enviádeme a vosa versión desta canción a este correo electrónico  wenceslaocanta2020@gmail.com. Para esto necesitaredes axuda dos vosos maiores, porque   quizáis  haxa que subilo a drive e compartilo conmigo nesa conta.
Con todas as versións de "VIVIR" que nos cheguen, tentaremos montar un vídeo único, que publicaremos na páxina web do centro e neste blog.

   VÍDEO  ORIXINAL                                                 VERSIÓN KARAOKE
      


SEGUNDO  RETO :
- Escollede unha canción ,a que máis vos guste.
- Non ten por qué ser desta lista, se nos vos gusta ningunha, escollede outra.
- Collede a versión Karaoke.
- Grabade un vídeo cantando,(antes de grabala, hai que ensaiar).
- Enviádeme a vosa grabación a esta dirección de correo electrónico ,que creei para esta ocasión:    wenceslaocanta2020@gmail.com. 
- Publicarei os vídeos que me cheguen.
- Por suposto, a participación é voluntaria.
- Podedes cantar sós o coa familia, se queren participar.
- Ademáis de cantar, podedes facer unha coreo, disfrazarvos..., en fin, o que queirades e como queirades.

É unha forma de poder vernos e pasar un bo rato.
  Lembrade que a Música é unha boa mediciña cando estamos tristes.Un abrazo moi, moi, moi grande para todos. Cuidádevos moito!!!!


CANCIÓNS ORIXINAIS                                          KARAOKES

        

        

        

       

       

       

       

      

      

       

      

      

          NO ATOPEI PISTA DE KARAOKE 

        NO ATOPEI PISTA DE KARAOKE



    NO ATOPEI PISTA DE KARAOKE


Bueno, por hoxe esto queda así, engadirei algunha máis que vaia atopando.Se aceptan suxerencias, sabedes que podedes facer comentarios nas entradas do blog ou no libro de visitas.
Moitos bicos 

jueves, 19 de marzo de 2020

EL MUNDO SUENA

Para os meus rapaciños e rapaciñas de 1º e 2º, deixo aquí os vídeos  do concerto didáctico " El MUNDO SUENA"que traballamos na aula ; lembrade que tedes que poñer o cinturón de seguridade antes de despegar , pois imos facer unha volta ao mundo a través da música!!!!

          ESPAÑA: PASODOBLE                            ÁFRICA: THE LION SLEEPS TONIGHT
   


       BRASIL: GAROTA DE IPANEMA                         MÉXICO: JARABE TAPATIO
    


    EEUU: ORANGE BLOOSOM SPECIAL            AUSTRALIA: WALTZING MATILDA
    

     CHINA: TAMBOURIN CHINOIS                         ITALIA:TARANTELA NAPOLITANA
    

GALICIA: MUIÑEIRA DE CHANTADA

martes, 17 de marzo de 2020

EL VIAJE DE WALT

Ola a todos, aquí vos deixo as obras musicais que empezamos a traballar na aula e, que pola situación actual, nos quedaron a medias. Todas pertencen ao Concerto didáctico que nos ía ofrecer a Orquestra Sinfónica de Galicia,"El viaje de Walt".
Espero que o disfrutedes!!!!

                                                                           
                 
         


      
       
       

        

        


domingo, 16 de febrero de 2020

CUMPLEANOS FELIZ. BOOMWHACKERS


Novo vídeo para facer cos boomwhackers, a ritmo de Hip Hop !!!

FAMILIAS DE INSTRUMENTOS


Actividade para os alumnos de 5º e 6º. Se premedes na imaxen, poderedes repasar as familias de instrumentos, facendo un montón de actividades diversas, dende puzzles , sopas de letras...




O XOGO DOS INSTRUMENTOS

Con esta canción repasaremos os nomes de varios  instrumentos de percusión, e faremos ritmos con eles. Para os meus alumnos de 1º e 2º curso.





domingo, 2 de febrero de 2020

ACTUACIÓNS DÍA DA PAZ 2020

O pasado xoves, día 30 de xaneiro, celebramos no cole o Día da Paz. Ademáis da carreira solidaria "Save the Children" organizada polos profes de Ed. Física,  xuntámonos para celebrar un acto conxunto, con varias actuacións. Moitas grazas a todos por colaborar.


        



       

martes, 7 de enero de 2020

NO DUDARÍA. VERSIÓN ROSARIO FLORES.



TU SONRISA


Con esta fermosa canción iniciaremos os ensaios do Coro este segundo trimestre, coa
 intención de tela preparada para o Día da Paz, o 30 de xaneiro. Temos traballo!!!!

ACTUACIÓNS NADAL 2019. ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO PANXOLIÑAS.

O venres, 20 de decembro tivo lugar a entrega de diplomas e premios do Concurso de Panxoliñas; despois actuou o Coro do cole e para rematar, cantamos todos xuntos.

 
  
   

ENTREGA DE PREMIOS

jueves, 12 de diciembre de 2019

PORQUE XESÚS VEN A VERTE. CORO WENCESLAO.

Este é o último ensaio do coro do colexio, que gravamos hoxe na hora do recreo;espero que vos guste. Aínda temos que  facer o video definitivo, pero a partir deste tentaremos correxir os erros.
Adaptación ao galego da panxoliña "porque Jesús viene a verte" do Colexio El ENCINAR de Córdoba. Música de Morat.


miércoles, 11 de diciembre de 2019

CONCURSO DE PANXOLIÑAS 2019!!!!

Estos son os vídeos participantes. Noraboa a todos polo voso esforzo e tempo empregados  neles, e por colaborar con nós para que este concurso fora posible!!!!


     


     


      


       


     


      


      


       


     


     


     


     


miércoles, 13 de noviembre de 2019

MUSICOGRAMA: EL VALS DE LAS FLORES. TCHAIKOVSKY



El Vals de las Flores, pertence á obra musical "El Cascanueces", é foi creada  polo compositor ruso
TCHAIKOVSKY.

CONCURSO DE PANXOLIÑAS!!!! NADAL 2019


Xa estamos aquí de novo, co 2º concurso de Panxoliñas en Familia. Espero que este curso participedes un montón de alumnos e alumnas, papás, mamás, avós, tíos ... Por favor, lede as bases do Concurso, xa que aqueles vídeos que non cumplan os requisitos, aínda que serán publicados igual, non optarán a premio.
                                                                     Animádevos!!!!




Moitas grazas á profe Lucía Vérez, que diseñou o cartel do concurso deste ano!!!!!


BASES DO CONCURSO

1º PODERÁN PARTICIPAR TODOS OS ALUMNOS DO CENTRO XUNTO COS SEUS FAMILIARES. O NÚMERO DE COMPOÑENTES DE CADA GRUPO É ILIMITADO.

2º CONDICIÓN IMPRESCINDIBLE: NOS VÍDEOS NON PODERÁN APARECER OS ALUMNOS SÓS,  TERÁN QUE PARTICIPAR  ADULTOS DA FAMILIA, PAPÁS, MAMÁS, AVÓS , TÍOS, PRIMOS, IRMÁNS...TRÁTASE DE COMPARTIR ESTA ACTIVIDADE COA FAMILIA. 

3º TEREDES QUE BUSCAR UNHA PANXOLIÑA, APRENDELA E INTERPRETALA  TODOS XUNTOS. PODEN SER TRADICIONAIS OU MODERNAS. 

4º NALGÚN FRAGMENTO DA MESMA, TEN QUE HABER INTERPRETACIÓN VOCAL.

5º A INTERPRETACIÓN PODE IR ACOMPAÑADA DE INSTRUMENTOS MUSICAIS, KARAOKES INSTRUMENTAIS, OU A CAPELLA ( SEN NINGÚN INSTRUMENTO).

6º A POSTA EN ESCEA É LIBRE.

7º AS ACTUACIÓNS GRAVARANSE EN VÍDEO, E OS ALUMNOS TRAERANNAS AO COLE NUN PENDRIVE , QUE LLES SERÁ DEVOLTO.

8º O PRAZO PARA ENTREGAR OS VÍDEOS SERÁ DENDE O VENRES 15 DE NOVEMBRO ATA O MARTES, 10 DE DECEMBRO. NON SE RECOLLERÁN VÍDEOS DESPOIS DESE DÍA.

9º O XURADO ESTARÁ FORMADO POLOS PROFESORES DO EQUIPO DE ACTIVIDADES  COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES, QUE SERÁN OS ENCARGADOS DE PROCLAMAR AOS GAÑADORES.

10º A FAMILIA QUE GAÑE O CONCURSO, RECIBIRÁ COMO PREMIO UNHA PEQUENA CESTA DE NADAL. TAMÉN HABERÁ UN PEQUENO AGASALLO PARA O 2º E O 3º CLASIFICADO.

11º CO PERMISO DOS PARTICIPANTES, PUBLICARANSE OS VÍDEOS NESTE BLOG DE 
MÚSICA. AQUELAS FAMILIAS QUE NON QUIXESEN, TERÁN QUE COMUNICALO AO CENTRO.

12º O VENRES, 13 DE DECEMBRO, DARASE A COÑECER A RESOLUCIÓN DO CONCURSO.

13º OS PREMIOS SERÁN ENTREGADOS O VENRES 20 DE DECEMBRO.

MOITA SORTE A TODOS!!!

viernes, 8 de noviembre de 2019

SIRTAKI

Dado que este curso, o tema central da nosa Biblioteca son os Xogos Olímpicos, que se celebrarán o vindeiro verán en Tokio, e como a cuna destes xogos é Grecia, imos  practicar na aula unha danza típica deste pais, o SIRTAKI. Esta danza foi creada no ano 1964 para a película" Zorba , el griego", protagonizada por Anthony Quinn.