domingo, 15 de marzo de 2015

O CARNAVAL DOS ANIMAIS. CAMILLE SAINT-SAENS




wix elaborado por María Paz Martínez do blog "Música para todos"


Escoitade que bonito soa o fragmento "Acuario" tocado  con copas de cristal!! 


                                                            Obra completa en vídeo!!!!! 




jueves, 12 de marzo de 2015

APRENDE XOGANDO 4.CONCEPTOS MUSICAIS.O SON E AS SUAS CUALIDADES .

Ola rapaces e rapazas, a ver quen de vos é capaz de lanzar a este pobre profe polos aires.
 Xa sabedes que tedes que contestar ben a todas as cuestións plantexadas. 
Abaixo da imaxe hai tres comodíns, Einstein que non sempre di a verdade, unha enquisa onde poderás ver cal é a resposta máis escollida, e o último que te permitirá ter dous erros.
Sorte!!!!!!


lunes, 9 de marzo de 2015

TRABALLANDO NA AULA. WHEN I'M GONE. WHATEVER. CERO.


Nestes videos poderedes ver algunha das actividades que facemos  a diario na aula de música, ensaiamos coa frauta, cantamos e facemos ritmos... Esperamos que vos gusten.









domingo, 8 de marzo de 2015

A FRAUTA DOCE.


CANTAMOS. LA CARRERA MUSICAL.




A través deste vídeo poderedes comprender mellor o valor das figuras musicais. 
Lembrade que a redonda vale 4 pulsos ou tempos, a branca 2, a negra 1 tempo, a corchea medio tempo e a semicorchea un cuarto de tempo.
Quen gañará esta carreira??????

miércoles, 25 de febrero de 2015

POEMAS MUSICADOS DE ROSALÍA DE CASTRO

Como xa sabedes, onte día 24 de febreiro celebrouse o 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poetisa máis universal. Moitos artistas escolleron os seus fermosos poemas  e lles puxeron música. Nesta montaxe tedes unha pequena mostra.

OS NOSOS GUSTOS MUSICAIS

Estamos embarcados nun novo reto, os alumnos de 5º e 6º están aprendendo a facer  collages cos seus artistas favoritos. Trátase de seleccionar imaxes dos cantantes e crear un enlace a canción que queren escoitar. Publicareinos a medida que os vaian rematando. Aquí tedes os dous primeiros. Bo traballo, chicos!!!!!

                     
Xoán Recuna Aranda  5ºC                                                         Antía Peña Villalba 5ºC  

                  


Martín Muñoz Insua 6ºC                                              Santiago Herrón Mullet 6º C



             Martín Mariñas Serantes. 5ºB

domingo, 22 de febrero de 2015

CONCURSO 3. QUEN SERÁ?????



Esta é unha das partituras que máis vos gusta tocar coa frauta; aproveito este interese que tedes para plantexarvos unha cuestión sobre a infinidade de historias e lendas que circulan do afundimento  deste barco. Xa sabedes que as respostas as podedes enviar a través dos comentarios desta entrada, e o que teña algunha dificultade, pode escribila e entregala. O concurso rematará coa primeira resposta correcta enviada ou entregada en man. Sorte a todos.


CONCURSO REMATADO. !!!!!!!!!!!!!!!

CANTAMOS. DUENDE.

E para rematar o Entroido, imos aprender esta fermosa canción !!!









jueves, 19 de febrero de 2015

ACTUACIÓNS ENTROIDO 2015

O pasado venres, día 13 de febreiro, celebramos a festa do Entroido. Como remate  do desfile fixemos dúas coreografías, a primeira a que xa realizamos no Nadal, para que esta vez sí a puideran ver as familias, e a segunda a que tiñamos preparada para o Día da Paz.Espero que vos gusten.




martes, 17 de febrero de 2015

A CASA DE BEETHOVEN



 Todo o que queirades saber sobre este famoso compositor o atoparedes nesta fantástica páxina web;  premede na imaxen e entraredes na casa de Beethoven, e picando nos diversos obxectos que hai obteredes distintas informacións, dende o que solía facer na súa vida diaria ata o nome dos seus pais, cantos irmáns tiña, que comía, as súas obras... 


martes, 10 de febrero de 2015

MEMORIA MUSICAL

Neste xogo de memoria tedes que atopar parellas de notas. Cando rematedes soará unha melodía. Sorte!!!!



domingo, 1 de febrero de 2015

PEDRO E O LOBO. SERGEI PROKOFIEV.

Pedro e o Lobo é un conto musical para orquestra , cun narrador que vai explicando a historia. 
Sergei Prokofiev, a partir dun conto tradicional ruso, compuxo a música, en menos de quince días, no ano 1936. A finalidade da mesma foi ensinar aos rapaces o timbre dos instrumentos da orquestra; deste xeito cada personaxe está representado por un instrumento e unha melodía:

* Pedro, cuarteto de corda frotada, (violín, viola, violonchelo e contrabaixo)
* Avó, fagot.
* Paxaro, frauta traveseira
* Pato, oboe.
* Gato, clarinete.
* Lobo, tres trompas
* Cazadores, timbais e bombo





  
                                                                                                                                                                                       
       
Narrador: Rafael Taibo. Director: Sergiu Comissiona. Orquesta Sinfónica de RTVE.
Teatro Monumental, Madrid, 1997.



Presentación elaborada por Alfredo Vázquez Del Mercado

miércoles, 28 de enero de 2015

WHATEVER .OASIS.DÍA DA PAZ 2012

                                              

Deixóvos este vídeo que atopei  de casualidade, co baile que realizamos fai tres anos polo Día da Paz. A ver si vos atopades!!!!

martes, 27 de enero de 2015

NOVO INCREDIBOX!!!!!!!


Beatboxing é  un estilo musical que se basa na habilidade de producir beats (golpes) de batería, ritmos e sons musicais utilizando a boca, os beizos, a língua e a voz. Pode incluir  melodía, e a imitación de instrumentos musicais de vento, corda e outros . É característico do hip hop, aínda que tamén o usan outros estilos musicais.Entra e divírtete facendo as tuas propias composicións.

martes, 13 de enero de 2015

DANZA DE LOS SARGENTOS BLANCOS.ESCOCIA.


 Para os meus alumnos de 3º ciclo, que so me faltan eles e se enfrentarán a este baile escocés. De seguro que o ides facer moi ben. Todo o mundo a bailar!!!!!.                                                                 

             
Blog Danzas Del Mundo
                                  

POLKA SEXTUR. DINAMARCA.


Durante este segundo trimestre os alumnos de 2º ciclo vanse divertir moitísimo bailando esta Polka danesa!!!!!!

 
Blog Danzas Del Mundo

domingo, 11 de enero de 2015

VALS MEXICANO

Comenzamos unha nova sección no noso blog, na que intentaremos aprender danzas de diversos lugares do mundo.
Pretendo con isto, ademáis de traballar aspectos puramente musicais, que aprendades a  valorar a cultura doutros países, a ser tolerantes e respetuosos coas tradicións dos demáis, e este é un modo moi divertido de facelo.
Para os meus alumnos de 1º ciclo pensei neste vals de México. Paréceme que o van facer moi ben.


sábado, 10 de enero de 2015

DÍA DA PAZ 2015.CANTAMOS.CORAZÓN CON CREMALLERA

Achégase o Día da Paz, que como xa sabedes se celebra o 30 de xaneiro , aniversario da morte de Mahatma Gandhi,que adicou toda a súa vida a defender os dereitos dos máis necesitados e a traballar en favor da paz.
Espero que vos guste a canción que escollín para esta conmemoración.

 "LA PERSONA QUE NO ESTÁ EN PAZ CONSIGO MISMA, SERÁ UNA PERSONA EN GUERRA CON EL MUNDO ENTERO"

  
Mohandas Karamchand Gandhi





                                                     

jueves, 8 de enero de 2015

FRAUTA 6º. WHATEVER.OASIS.

Imos traballar esta partitura que sei que vos vai a parecer sinxela despois de pelexar tanto tempo coa de Cero de Dani Martín. Ánimo!!!! é moi fermosa, e xa a coñecedes..