domingo, 7 de abril de 2019

CAPITÁN, MI CAPITÁN. CORO WENCESLAO!!!!!


Aquí tedes o último ensaio do Coro do Cole, que grabamos este pasado venres na hora do recreo. Aínda temos moito que mellorar, pero dado o pouco tempo que temos para prepararnos, teño que agradecerlles moitísimo a todos os nenos e nenas que o compoñen o esforzo  que fan.

jueves, 28 de marzo de 2019

FRAUTA 4º. LA BELLA Y LA BESTIA

  

Nova partitura para os meus alumnos de 4º, coa que pretendo que  melloremos os sons graves da frauta.

domingo, 17 de marzo de 2019

GRAZAS, ANPA FENDETESTAS!!!!

O pasado venres os alumnos e alumnas do Coro do Colexio estrearon camisetas e posaron así de contentos para a foto. Queremos darlle as grazas á ANPA , pois foron os pais e as nais que a compoñen quenes as encargaron e as financiaron. Moitas Grazas!!!!!

FRAUTA 6º. EL SOL NO REGRESA.



Wix elaborado por María Jesús Camino

viernes, 8 de marzo de 2019

DE ELLOS APRENDÍ!!!!!

Fermosa canción   que imos traballar na aula,  para rematar este 2º trimestre.

 

miércoles, 6 de febrero de 2019

PERCUSIÓN. PEQUENA SERENATA NOCTURNA. MOZART

  
Imos acompañar unha obra de MOZART con instrumentos de pequena percusión (1º vídeo),  e a coñecer a vida deste xenio da música ( 2º vídeo)





miércoles, 30 de enero de 2019

THIS LAND IS YOUR LAND



Imos atrevernos con esta canción popular americana. Ademáis de aprender a letra, faremos ritmos con vasos , acompañamentos con frautas, guitarras, boomwhackers e campás afinadas. Para finalizar  Introduciremos un baile en liña. Temos moito que facer!!!!!

CLASIFICACIÓN DOS INSTRUMENTOS MUSICAIS

Atopei esta fantástica presentación no blog Musicalizarse, que nos servirá para repasar a clasificación dos instrumentos musicais e tamén  para aprender novos términos( aerófonos/ idiófonos)


viernes, 25 de enero de 2019

CANCIÓN POLA PAZ 2019. "DAME A TÚA MAN". LSE. ADAPTACIÓN DE VIVIR SIN AIRE DE MANÁ

Déixovos a canción que imos interpretar o vindeiro mércores , día 30 de xaneiro, para conmemorar o DÍa da Paz. 
Quero darlle as grazas a Tatiana Sosa, nai de dous alumnos do Centro, por ensinarnos a interpretar o retrouso coa Linguaxe de Signos.
Esta é a versión grabada polos nenos e nenas de Coro que fixemos hoxe no recreo. Esperamos que vos guste. Grazas a eles tamén por vir a ensaiar no seu tempo libre!!!!!


Este segundo vídeo é unha montaxe , na primeira parte actúa o Coro e na segunda  parte están cantando todos os alumnos do centro. Envieino a PONTE NAS ONDAS, para celebrar con eles o Día da Radio e o Día escolar da Paz,  o vindeiro 13 de febreiro. O lema deste ano é DIÁLOGO, TOLERANCIA E PAZ. 

miércoles, 9 de enero de 2019

FRAUTA 4º. SCARBOROUGH FAIR

Empezamos o segundo trimestre con esta fermosa melodía de música celta. En principio traballaremos a melodía principal, que aparece na primeira montaxe. Despois tentaremos facelo a tres voces,  como aparece na  segunda partitura. 










CANCIÓN POLA PAZ






viernes, 21 de diciembre de 2018

ACTUACIÓNS NADAL 2018.ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE PANXOLIÑAS.

GRAZAS A TODOS POLO VOSO FANTÁSTICO TRABALLO NESTE TRIMESTRE!!
 GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE FIXERON POSIBLE O ÉXITO DO CONCURSO DE PANXOLIÑAS!!
E con estas actuacións de Nadal despedímonos ata xaneiro.
 FELICES FESTAS!!!!

     
NENOS DO CORO: SIGUE TU ESTRELLA           ALUMNOS DE 6º: COLORES EN EL VIENTO

    
ALUMNOS DE 6º: RODOLFO EL RENO               ALUMNOS DE 5º: JINGLE BELLS ROCK

      
ALUMNOS DE 5º: CAN,T HELP FALLING           TODO O ALUMNADO: SIGUE TU ESTRELLA
 IN LOVE
 ENTREGA DE PREMIOS





 



viernes, 14 de diciembre de 2018

RESOLUCIÓN CONCURSO CAMBRE CANTA PANXOLIÑAS EN FAMILIA

 Foi moi emotivo ver como a través da música compartíchedes momentos tan bonitos. Os membros do xurado tivémolo moi difícil para seleccionar as actuacións gañadoras porque en todas houbo moito traballo e moito corazón!!!!
Interpretacións impecables, afinación, orixinalidade, montaxes de videos espectaculares, linguaxe de signos,coreografías, bo humor e alegría, ternura,vestuarios, postas en escea.... en fin , moitísimas gracias polo voso esforzo e participación.

NON HAI NADA MELLOR  QUE A MÚSICA PARA UNIR ÁS PERSOAS!!!!
                                        
E AQUÍ ESTÁN OS PREMIADOS!!!!!!







A Entrega de Premios farémola o venres 21 de decembro.
Grazas a todo o equipo de actividades extraescolares do centro  pola gran axuda prestada e todas as horas de traballo invertidas neste proxecto!!!

martes, 11 de diciembre de 2018

CONCURSO CAMBRE CANTA. PANXOLIÑAS EN FAMILIA: VÍDEOS PARTICIPANTES.

Rematado o prazo do Concurso de Panxoliñas,  o primeiro de todo, AGRADECER A VOSA PARTICIPACIÓN!!!!!!!
Si premedes na imaxen poderedes ver os vídeos presentados ( 30 EN TOTAL); todos eles son fantásticos !!!!
Faltan tres vídeos na montaxe wix, un deles non estamos autorizados a publicalo e os outros dous 
engadiranse estos días ( tivemos algún problema técnico).
Aclarar tamén que algún , ou ben polo seu formato ou pola súa duración , non poideron ser cargados directamente e houbo que subilos previamente a youtube.  Se algunha das familias participantes non  quere que  se publique o seu vídeo, que o comunique ao Centro e será retirado. 
O vindeiro venres día 14  publicaremos neste blog a resolución do Concurso. A verdade que o xurado temos unha difícil tarefa, xa que Cambre está cheo de grandes artistas !!!!. De novo moitísimas grazas por participar . 


FRAUTA 5º JINGLE BELLS ROCK